19.3.11

Vaia día para traballar...

Ben, como algúns alumnos de 3ºA van ter que repetir a parte de ecuacións desta avaliación, escribín hoxe a solución do exame do venres. Solución que non escribira antes, en contra do habitual, pola razón que tódolos alumnos da titoría saben. Como sempre non é necesario ir á "complicada" wiki a buscar o documento, xa o poño eu aquí:


Alguén lembra a miña aposta do outro día sobre o número de alumnos que baixarían o simulacro de ecuacións? Pois ben, eu apostara por 3 ou 4. E a cantidade de alumnos que o baixaron foi... 3!

Ás veces preferiría non acertar certas apostas...

0 comentarios:

Post a Comment