Xa está na wiki o Simulacro do exame do venres. A ver cantos dos aplicados alumnos da miña titoría saben mañá que está colgado aquí:
A miña aposta é 3 ou 4 (dun total de 26). Veremos.
E sempre é un bo momento para botarlle un ollo a ilusións ópticas, non si? E máis se temos a posibilidade de escoitar a explicación dun neurocientífico, Luis Martínez Otero:
Souben deste vídeo polo ben coñecido blogger Antonio Martínez Ron (do blog Fogonazos) que escribiu un artigo en lainformacion.com:
Editado: Había varios erros no simulacro, como me apuntou Enrique. Na ecuación de 1º grao hai unha redución a común denominador mal feita (2x en troques dun 6x, debido a cambiar a ecuación e non algúns coeficientes), na bicadrada aparecen os valores de t pero non os da incógnita orixinal, x (a velocidade á que tecleo é directamente proporcional ao número de erros); e no problema das idades borrei a resposta ao problema (55 anos, a tecla delete é demasiado tentadora para a miña man...) Cambiei eses erros e subín o simulacro corrixido, por se alguén quere velo.
0 comentarios:
Publicar un comentario