Nesta captura observamos varias das características da animación:
- Aparecen algúns dos satélites dos planetas
- Podemos escoller entre mes e zodíaco como marco para o movemento
- Dá a posibilidade de fixar unha data (que pasaría na que aparece na imaxe?)
- É posible ver as fases da Lúa
- E a máis interesante na miña opinión, que é a posibilidade de variar entre o modelo de Nicolás Copérnico e o de Tycho Brahe. No modelo de Brahe podemos ademais ver o ronsel que deixa o movemento dos planetas.
Ide á web (warning: é unha animación en Flash) e fedellade un pouco, é ben entretido. Se queredes información sobre o deseñador, Piotr Kaczmarek e certos detalles técnicos, ide a esta ligazón.
0 comentarios:
Publicar un comentario