Exame de hoxe pola mañá, 3º E.S.O.:
_ Profe... ¿Cuánto es x · x? ¿2x?
_¡Hala! Vamos a ver... ¿Cómo dices de otro modo 3 · 3?
_ 9
_Me lo temía, vale, pensemos en una cuenta que no sepas de memoria, ¿Cómo dices de otro modo 17· 17?
_ No sé... ¿17²?
_Claro hombre...
_¿Y con x es igual?
_Claro.
_Vale.
Por non falar da aparición en máis de 10 ocasións do erro preferido dos alumnos de tódalas idades, do que xa falei aquí antes:
(a+b)^2=a^2+b^2
Vou introducir aquí unha broma matemática que só entenderán expertos, pero non podo omitila neste punto:
Dous matemáticos están comendo nun restaurante. Mentres comen conversan sobre o estado da educación matemática no seu país; o primeiro pensa que ninguén aprende nada, mentres que o segundo pensa que as cousas non están tan mal. O primeiro di "OK, por que non apostamos algo a iso? Cando veña a camareira coa conta, preguntareille unha cuestión de álxebra básica. Se acerta, pagarei eu, se non pagarás ti" O segundo acepta a aposta. Chega a camareira coa conta e dille o primeiro matemático:
_Importaríalle axudarnos nunha aposta que temos? Podería dicirnos canto é o cadrado da suma de a e b?
_(a+b)²... esa é unha cuestión de Álxebra... vexamos...si, claro, é a²+b²
O primeiro matemático comeza a sorrir saboreando o seu triunfo cando a camareira prosegue:
_Claro que iso só é certo se o corpo ten característica 2...
Para non quedar coa idea de que estas cousas só suceden en Matemáticas, na hora de titoría tiven a oportunidade de vivir esta experiencia:
_Profe... ¿Tuve se escribe con b?
_Non muller , é con v.
_Vale, gracias.
_Menos se estás a falar dunha web na que ves vídeos...
Agora que xa remataron os exames de avaliación (aínda que algúns profesores malignos aínda teñen "repescas" a semana que vén) é un bo momento para probar un xogo intelixente, Cardboard Box Assembler, que lembra a outros que apareceron por aquí que tamén se desenvolven nun cubo:
0 comentarios:
Publicar un comentario