Despedín hoxe aos cativos. Tiveron un comportamento estupendo, non esperaba tanto deles, despois deste curso que no ámbito docente foi duro abondo.
E agora, despois da apoteose de pola mañá, é o momento de poñer notas que van determinar se os alumnos van ter que estudar Matemáticas no verán ou non (outro tema é que o fagan, claro).
Tendo en conta o entretido que é ensinar Matemáticas, estou convencido de que esta é a cara-B do meu traballo (entenderán os alumnos a metáfora?).
É tempo de pensar en marchar. Outros alumnos, outros compañeiros, outra vila. Só foron dous anos (só?).
Non estou seguro de terme convertido en mellor profesor. Desde logo agora diagnostico de xeito máis rápido as dificultades dos cativos, enténdoos con menos palabras. Pero teño a impresión de que no importante, que é resolver os problemas, cada vez vexo máis obstáculos para chegar a bo porto. Resumindo: distingo nitidamente os impedimentos, pero non sei que facer para sortealos.
Esperemos ter deixado todo como estaba. Polo menos.
A pregunta é: Manuel Lourenzo González? O escritor e profesor de instituto? Deume clase hai xa uns aniños (bueno, tampouco tantos) cando eu estaba no insti.
ResponderEliminarUn saúdo!
Coida ben de Ángela-Teresa :)
ResponderEliminarPois non, senón Manuel Lourenzo Sobral, escritor e profesor de instituto, tamén. E compañeiro, ante todo.
ResponderEliminarVaia, pois que coincidencia, mesmo nome, mesma profesión e mesmas ensinanzas (lembro como insistía sempre na diferenza de matiz último/derradeiro). Cantos bos profesores -compañeiros- hai por aí espallados!!
ResponderEliminarSólo somos humanos.
ResponderEliminarRefíreste a como profesores? Se é así, estou de acordo, pero hai que ver como amola en certas ocasións.
ResponderEliminarjootaaa nos va a extrañaar
ResponderEliminarjotaa nos va a extrañaaaaaaaaaaar !
Pero Belén, se xa o sabiades...
ResponderEliminarjj non sabe nada porque e un falsante.´´
ResponderEliminarpalabras do comisario de O Barco de Valdeorras
nº de placa:22554Y
!?
ResponderEliminarke pasa jj
ResponderEliminarPois nada novo, anónimo
ResponderEliminar