Mentres evitaba corrixir recuperacións de primeiro de bacharelato aproveitei para revisar o clásico de John Horton Conway e Richard Guy, The Book of Numbers. E alí descubrín esta xoia da aritmética que, confeso, debín de pasar por alto en lecturas previas. Aínda por riba, o feito que vou comentar hoxe tamén aparece no libro de Rons Honsberger More Mathematical Morsels.
Benvidos ao espectáculo de maxia de Alfred Moessner:
Comezamos cos números naturais en ringleira. Se riscamos os números pares (é dicir, cada dous números) e na segunda ringleira indicamos as sumas parciais dos números non riscados, que obtemos?
Pois si, os cadrados. Nada novo ata o momento.
Risquemos cada terceiro número (os múltiplos de 3, vaia). Na segunda ringleira calculamos as sumas parciais, riscamos o último número de cada bloque (é dicir, cada segundo número). Volvemos facer as sumas parciais e...
Isto empeza a parecer interesante.
A que xa adiviñades o que sucede se comezamos riscando cada catro números?
Se analizamos o que sucedeu nestes tres casos, vemos que, se comezamos riscando os números , acabamos cos números ; se comezamos cos , rematamos cos ; se comezamos cos , atoparemos os .
É dicir, se comezamos con , obteremos
Pero non remata só cos múltiplos e as potencias o asunto. Vexamos que sucede se comezamos riscando os números triangulares, que teñen a estrutura :
Non pode ser... os factoriais? Que fan aí os factoriais?
Quizais sexa máis útil ver os números triangulares como e os factoriais como , de tal xeito que observamos que neste algoritmo, sempre que comecemos riscando cada certos pasos, nos que aparecen sumas, rematamos substituíndo esas sumas por produtos. Abraiante, non o neguedes.
Veña, que isto non é todo, risquemos os cadrados:
Isto é máis difícil de ver. Para entender o que pasa hai que lembrar primeiro que os cadrados poden expresarse:
(a algún soaralle isto do post do 5º aniversario)
E que números obtemos? Sen saber previamente o truco é difícil de conxecturar que son os números coa pinta . Sabendo o truco, rapidamente acadamos os números
Déixovos que pensedes que ocorrería se comezamos riscando o 1, o 4, o 10 e sucesivamente imos incrementando o incremento unha unidade. A ver se recoñecedes os números que aparecen. E as xeneralizacións son case infinitas.