29.4.15

Olimpíada Matemática Galega 2015-Fase Local-4


Hoxe imos co 4º problema da Olimpíada Galega:

Problema 4:
Encontra un número de 4 cifras que verifique as seguintes condicións:

  • É múltiplo de 5.
  • 1680 non posúe díxitos en común con dito número.
  • O terceiro díxito é divisor de 8.
  • 2748 ten dous díxitos en común co número e están situados na posición correcta.
  • 3596 ten dous díxitos en común co número mais non na posición correcta.
  • Os dous primeiros díxitos son primos e forman outro número primo.
  • As súas catro cifras suman 14.


Non teño ningunha crítica que facer a este problema, seguramente o máis sinxelo dos 5, ademais do que ten o enunciado máis claro.

0 comentarios:

Publicar un comentario