26.4.15

Olimpíada Matemática Galega 2015-Fase Local


O xoves 23, ademais de coincidir o Día do Libro e a Feira de Moeche (polo norte este último evento é tan salientable coma o outro), celebramos a primeira fase da Olimpíada Galega, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática(AGAPEMA). Esta fase local desenvólvese simultaneamente en varias zonas por toda Galiza: Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Pontevedra,Ourense, Vigo. Os alumnos de Cedeira uníronse no I.E.S. Carvalho Calero de Ferrol a outros cativos de 1º ou 2º de ESO da zona (polo sur había de Monfero e Ares, os meus eran os máis setentrionais) traballando 5 problemas matemáticos. Unha estupenda experiencia para os cativos e tamén para o profesor, que hai que agradecer a Agapema e á compañeira do Carvalho Calero.

Nos vindeiros días irei compartindo en orde os problemas cos que se escornaron os rapaces. A solución, como é habitual neste blogue, déixollela aos amables lectores.


Problema 1:
Completa o seguinte cadrado máxico sen que se repita ningún número e de tal xeito que o produto dos números de cada fila, columna e diagonal sexa o mesmo.


Chega soamente con eses dous números?



Só unha pequena nota: o problema ten infinitas solucións, debido a que falta unha hipótese que, por habitual, esqueceron engadir. Coa hipótese adicional, as solucións redúcense a dúas, esencialmente a mesma pola simetría. Sen esa hipótese, as infinitas solucións forman unha familia uniparamétrica.



0 comentarios:

Publicar un comentario