10.5.15

Parénteses


Ou corchetes, como máis vos preste.

Coloca parénteses no seguinte cálculo para que o resultado sexa $\frac{7}{10}$:

$$1:2:3:4:5:6:7:8:9$$

Atopa tamén o máximo (e o mínimo) valor que se pode acadar colocando parénteses.


Dei con este problema remexendo nos arquivos da revista Parabola incorporating Function da UNSW de Australia. Para aqueles que, coma min, tiveron que padecer os castelos quilométricos de fraccións, sería interesante pensar como quedaría a expresión anterior se, en troques de utilizar : para a división, usásemos a liña de fracción. 

Este problema quizais sexa un pouco longo para propoñer nas aulas do 1º ciclo da ESO, eu teño empregado exercicios máis breves e sinxelos para traballar a xerarquía de operacións, como este, tirado dun exame de 2º de ESO deste curso, e semellante a moitos outros que usei estes anos:

Coloca corchetes para obter o resultado

$$(-3)\cdot(+5)-(-2)\cdot(+2)=-26$$ 



Para sermos sinceros, eu non padecín eses castelos: ou ben esa figura mítica da aprendizaxe tradicional das Matemáticas morreu antes dos 80, ou ben non era para tanto...

0 comentarios:

Publicar un comentario