- EF, que pasa polo punto de corte das diagonais.
- KL, que cumpre que os dous trapecios KLCD e ABLK son semellantes.
- GH, que está á mesma distancia de AB e de CD.
- MN, que fai que os dous trapecios ABNM e MNCD teñan a mesma área.
"When I use a word... it means just what I choose it to mean"
Podedes dicir que esta entrada non é exactamente matemática, pero vaia, se vedes as entradas dos dous/tres primeiros anos do blog(exemplo 1, exemplo 2) tampouco é que isto fose Gaussianos.
Porén, isto é tan fermoso que non podía reprimirme.
Veña, sen máis dilación, que é isto?
![]() |
| Que blogger poña embaixo das fotos "Engadir lenda" neste caso cobra máis sentido |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O título vén dado polo autor, Peter Lavigne, e na miña opinión é imposible melloralo.
O xogo chámase Orakyubu, e mestura, como facía Continuity(que quedou no limbo pola morte morrida do Flash), os puzzles dentro dunha pantalla cos crecacabezas clásicos. Mentres que en Continuity había que fedellar con pantallas bidimensionais que tiñamos que encaixar para poder resolver os puzzles, de novo, bidimensionais, en Orakyubu as pantallas son cúbicas, e hai que fedellar con elas no espazo co mesmo obxectivo.
![]() |
| Captura autoexplicativa |
Todos os anos, cando chego á continuidade de funcións en Matemáticas I e introduzo o concepto e tento que a definición resulte natural, os alumnos non o saben, pero eu estou morrendo por dentro. Levaba un tempo coa idea de dedicar unha entrada a este fenómeno, e deume por buscar pola rede e resultou que dúas investigadoras da didáctica das Matemáticas na Simon Fraser University, Gaya Jayakody e Rina Zazkis, escribiron un artigo en For the Learning of Mathematics, Continuous Problem of Function Continuity, plasmando punto por punto as miñas ideas. Se ledes con fluidez inglés, tedes permiso para marchar deste blog e non mirar atrás.
A continuidade non aparece de xeito explícito no curriculum da ESO, aínda que se entende que en 3º e sobre todo en 4º é unha das "características das funcións" que aparecen nos contidos, xunto co crecemento, a periodicidade, os cortes cos eixes, etc. Se es un profesor dos que non mira o DOG, nos libros de texto sempre vén, problem solved. E se ves un libro de texto onde non se mencione como definición de continuidade que se poida debuxar a gráfica sen erguer lapis ou xiz, chanta captura nos comentarios. Obrigado.
En 1º de bacharelato, aproveitando a maquinaria que proporcionan os límites, xa é posible introducir o concepto contemporáneo de continuidade, mais o certo é que a definición rigorosa é esvaradía. Habitualmente a definición de función continua nun punto adoita ir así:
f é continua nun punto $c \in \mathbb{R}$ se:
![]() |
| Función continua no punto que queiras, OK, bonita, fermosa, TODO BEN |
![]() |
| A ese punto despistado chamámolo descontinuidade evitable. Se non hai o punto cheo azul, tamén |
![]() |
| A isto salto finito |
![]() |
| E a isto salto infinito |
![]() |
| Que é descontinua está en discusión? |
![]() |
![]() |
| Ten que haber un fenómeno semellante á pareidolia cando ves gráficas e recoñeces formas máis complexas, seguro. Estou ben, estou ben. |
Se imos á continuidade local, unha función será continua nun punto $x \in A$ se para toda veciñanza V de $f(x)$, existe unha veciñanza U de x tal que $f(U) \subset V$ (vedes o $\epsilon $ e o $\delta$ como se achegan reptando por aí?)
E aínda podemos utilizar unha caracterización secuencial da continuidade:
f será continua en $x \in A$ se a imaxe de calquera sucesión converxente a x é unha sucesión converxente a $f(x) \in B$
Parade un chisco e notade que estas definicións presupoñen que o punto no que analizamos a continuidade forma parte do dominio da función.
Concluíndo, a miña opinión é que a confusión coa definición de continuidade de instituto emana de 2 factores:
Observade esta inecuación: $$2 \left| x-2 \right| \geq \left|x+1\right|$$
Unha inecuación así podería aparecer nunha folla de exercicios do comezo de Matemáticas I, mais dada a dificultade técnica que entraña, non estou certo de se algunha vez puxen algo semellante. O típico exercicio nese curso ten un aspecto como este, despois de manipulacións alxébricas: $$ \left| x-1 \right| \geq 3$$
, onde vemos que só aparece un valor absoluto, o que fai que poidamos fundamentar o algoritmo de resolución na caracterización do valor absoluto como distancia á orixe ou $\left| x-a \right|$ como distancia ao número a, que é consecuencia do anterior.
Pero utilizar esa aproximación á inecuación orixinal implicaría ter que buscar os números reais x que cumpren que o dobre da distancia de x ao 2 é maior ou igual que a distancia de x ao -1. Non parece moi operativo.
Co cal, o procedemento estándar(coido) para resolver unha inecuación así consiste en eliminar os valores absolutos utilizando de xeito intelixente que $\left| x\right|^2=x^2$, xunto co feito de que en $(0,+\infty)$, a función elevar ao cadrado é crecente:
$$\left[2 \left| x-2 \right| \right]^2 \geq \left[\left|x+1\right|\right]^2$$
$$4 \left( x-2 \right)^2 \geq \left(x+1\right)^2$$
E queda unha inecuación de 2º grao, propia de 4º de ESO, neste caso obtemos como solución $\left(-\infty,1 \right] \cup \left[5,+\infty\right)$
Ata aquí o que fixen/faría eu na aula. Pero nunca levei a cabo un enfoque máis obvio e menos artificioso, case dá vergonza dicilo: DEBUXAR AS GRÁFICAS DAS MALDITAS FUNCIÓNS.
Podería parecer que este método gráfico só vai dar unha aproximación á solución, pero o mero feito de debuxalas e notar que cada valor absoluto é unha función con dous anacos, fai que sexa máis sinxelo resolvelo tamén de xeito alxébrico, exacto.
Observade as gráficas: