1100100
Non é que se vexa moi impresionante, non?
En base 3:
10201
E por exemplo en hexadecimal:
64
O sistema hexadecimal adoita supoñer unha verdadeira sorpresa a primeira vez que se examina: o número 255, por exemplo, é representado como FF, cousa que teñen que saber ben os que traballan con cores en programas de retoque fotográfico. A cor verde, por exemplo, é codificada #00FF00.
Así que o feito de que os números sexan "redondos" depende da base que escollamos. Como xa comentei na clase, a orixe de que nós contemos con 10 cifras (0,1,2,3,4,5,6,7,8,9) é moi probablemente que teñamos 10 dedos nas dúas mans.
Supoño que alguén se decataría de que as representacións noutros sistemas do número 100 parecen feitas noutro tipo de letra. Isto sucede porque estou a probar un xeito de escribir matemáticas no blog utilizando a linguaxe LATEX. Cos números non se nota moita diferenza, pero mirade que fórmulas se poden poñer:
\displaystyle\sum_{n=1}^{\infty}\frac{1}{n}
\displaystyle\int^5_1 2x\,dx = 24
(-\infty,\pi]=\{x\in\mathbb{R}/x\leq\pi\}
Ou un teorema dos máis coñecidos en Teoría de Números, o Pequeno Teorema de Fermat:
a^n-1\equiv 1(modp)
Usando o LATEX poderei escribir símbolos matemáticos sen utilizar trucos baratos como escribilos no Editor de Ecuacións do Word e pegalos logo como imaxes.
Por hoxe xa está ben de probas. Agora, un problema:
Escribimos os números 1,2,3,4,5,7,8,9 en 8 cachos de papel, e colocámolos como amosa a figura, onde as sumas totais aparecen embaixo:
O obxectivo é, movendo 2 dos papeis, conseguir que as sumas da dereita e da esquerda sexan iguais.
E finalmente un xogo onde hai que levar o diamante ao cubo con cadros negros e brancos pasando por tódolos cubos intermedios. Hai que ter en conta que os cubos desaparecen despois de pasar por eles, así que tedes que pasar unha soa vez por cada cubo, agás se hai cubos formando unha torre.
E, vendo como chove desde a miña xanela (no 25 aniversario do Hortensia!) , é un bo momento para poñer unha canción alusiva, aínda que ironicamente:
E se chegastes aquí abaixo, botádelle unha ollada á ilusión óptica que aparece á dereita no widget Astronomy Picture of the Day. Aínda que non o creades, as celas A e B teñen a mesma cor!
paso el 9 detrás del 4 y el 5 delante del 1 y ambas sumarán 60
ResponderEliminarO.K.
ResponderEliminar