E sen saber aínda se vou ver Ágora ou Rec²...
Acabo de ver dúas cousas moi interesantes.
A primeira en neatorama, que nunca decepciona. Non vos adianto nada, simplemente observade:
E seguindo o post de neatorama, atopei tamén este outro vídeo, tamén impactante:
A segunda cousa vina en Microsiervos, e tedes que contestar vós mesmos á pregunta de máis abaixo antes de ver o vídeo:
Ben, imaxinade que tedes dous globos iguais, pero un máis inflado que o outro. Supoñede que os conectades. Que credes que sucederá? En que dirección correrá o aire?
Pois agora botádelle unha ollada:
Non vos sorprendeu?
Abur, que lisco ao cine!
11.10.09
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario