24.10.09

Chove, chove...

Preto xa do 1 de Novembro, atopei onte esta ilusión óptica que acae ben nestas datas, chamédeslles Todos os Santos, Samaín, Samhain ou Halloween.





Esta ilusión óptica (en movemento) está baseada nos mesmos principios que a Hollow Face Illusion que leva uns anos pola rede. Aparece nos vídeos relacionados do anterior, pero vouna poñer tamén aquí:




E seguindo os enlaces ata Mighty Optical Illusions vin este vídeo co tradicional truco de prestidixitación de seguir a bóla cos ollos. Polo menos iso é o que parece a simple vista.


CHOP CUP from :weareom: on Vimeo.




Agora que xa viches o vídeo, volve velo pero concentrando a túa vista nalgún obxecto concreto do fondo. Aí aparece a parte de ilusión óptica deste vídeo. Desde logo, a realidade non é o que semellaba ao principio, non si?


Xa está ben por hoxe. Todos aqueles que teñades exame de Matemáticas esta semana, xa sabedes, a practicar e a pensar.
Abur!

0 comentarios:

Publicar un comentario