13.10.09

Hora libre

Aproveitando unha hora libre en toda a mañá, actualizo cun problema que, dependendo do que saibades, pode resultar un exercicio imposible de facer nun tempo razoable, ou unha parvada que se fai a simple vista. A ver en que grupo estades:

Calcula o valor de:


\frac{1}{(1-\frac{1}{2})(1-\frac{1}{3})(1-\frac{1}{4})\cdots(1-\frac{1}{2009})}


E como é probable que pensedes que hai que facer miles de contas para obter o resultado, un par de xogos que son, desde logo, máis intuitivos:

Color Infection
Hai que infectar as bólas amarelas coas bólas marróns. Se infectades as bólas verdes perdedes a partida.


O segundo xogo é o Numbskull, onde tedes que unir a caveira ao esqueleto, mediante o xiro das pezas da pantalla e a forza da gravidade:


Nada máis por hoxe, que acabamos de empezar a semana!

0 comentarios:

Publicar un comentario