30.10.09

Pequeno descanso

Levo varios días sen actualizar porque non teño tempo físico. A verdade é que estou a traballar como nunca. O que non sei é se iso vai repercutir de xeito directamente proporcional na aprendizaxe dos alumnos.

Nesta longa non tan longa fin de semana hai que coller folgos, que chega o momento crítico da avaliación. Se queredes exercitar o pensamento lóxico aquí tedes un xogo de colocar pezas, baseado no tradicional Sam Loyd's Fifteen:





E un xogo que é simplemente de habilidade, pero que acae moi ben nestas datas:

Halloween Bubble


E algo máis serio e relacionado coas Matemáticas, unha interesante historia vista en Kurioso:

Cuando los matemáticos decidían la guerra.

Se tedes tempo e ganas de ler unha boa historia, botádelle un ollo. E algo máis curtiño, pero apaixonante: unha imaxe de alta resolución da nosa galaxia:

All-Sky Milky Way Panorama 2.0

Nada máis, pasádeo ben estes días, pero non esquezades as vosas obrigas!

0 comentarios:

Publicar un comentario