7.10.09

De aniversarios

Nada, que non deixamos de ter aniversarios estas datas. Se o outro día foi o dos Monty Python's Flying Circus, hoxe toca mencionar un fito histórico da televisión infantil (?) española, La Bola de Cristal. Aos que crecemos vendo aquelas imaxes marcounos para toda a vida (non sei se para ben ou para mal). Aínda que, como moitas lembranzas da infancia quizais non resista a visión dun espectador xa adulto (estou a pensar en "El Planeta Imaginario", Érase una vez el hombre/espacio", ...). Déixovos aquí a entrada do programa, coa canción de Santiago Auserón interpretada por Alaska.






E hoxe cambio as miñas fontes de problemas para traer un problema da Olimpiada de Matemática del Perú:

Os 16 díxitos dunha tarxeta de crédito están escritos nas súas celas de tal xeito que a suma de cada tres cifras consecutivas é 18. Es quen de adiviñar o número completo?




Para rematar por hoxe, antes de ir a 1º de E.S.O. a falar dos números primos (un tema que me apaixona, por certo), un vídeo dun grupo de cando eu era neno que si envelleceu ben. Mirade:

0 comentarios:

Publicar un comentario