24.12.17

Nadal 2017- Problema 2


O problema de hoxe, tirado da Olimpíada Matemática Alemá de 1996, vai de pedras:


Comezando no punto (1,1), unha pedra é movida no plano seguindo estas regras:


  • Desde un punto (a,b), a pedra pode moverse aos puntos (2a,b) ou (a, 2b).
  • Desde un punto (a,b), a pedra pode moverse ao punto (a-b,b) se a>b ou ao punto (a,b-a) se b>a

Atopa todos os puntos (x,y) aos que pode chegar a nosa pedra.


4 comentarios:

  1. A cualquier punto con a y b mayores que cero.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Un reto entón, Manuel ;)
      Atopa unha secuencia de movementos que remate no punto (3,6)

      Eliminar
  2. Calqueira punto nas que (x,y) sexan números naturais que cumpla algunha das seguintes características:

    x=2^n, sendo n un número natural
    y=2^n, sendo n un número natural
    ou
    x*2^p+y*2^q=2^n, sendo p,q e n números naturais.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois recoñezo que teño que mirar ben a túa solución, Alberto, pois non estou seguro de que o conxunto que me deu a min sexa o mesmo que o teu(teño dúbidas sobre a inclusión de 0 como natural nos teus expoñentes, un clásico)

      Eliminar