Imos co 3º problema desta xeira. O de hoxe, xeométrico, é clásico e non lembro a primeira fonte onde o atopei, mais si a última: nunha colección compilada polo experto en educación matemática John Mason.
Unha cabra está amarrada no bordo dunha leira circular. Que lonxitude ten a corda se a cabra pode pastar a metade exacta da leira?
AVISO
A solución non é elemental de todo como parece suxerir o enunciado. Se queredes buscar o problema pola rede, o nome tradicional é The Tethered Goat.
Cando cheguei a unha fórmula monstruosa tirei coa solución. Despois vin isto http://mathworld.wolfram.com/GoatProblem.html e entón pensei que non andaba tan descamiñado
ResponderEliminarÉ o que me gusta do problemiña: o complicado que é co sinxelo que é de entender.
Eliminar