Para o quinto problema, unha das construcións recorrentes neste blog: a dobradura de papeis.
Collamos un anaco calquera de papel rectangular. Dobrémolo por unha diagonal, e consideremos o anaco solapado e a súa área. Se calculamos a razón entre a área do solapamento e a área do rectángulo orixinal, cal é o valor máximo que podemos obter? E o mínimo? Que porcentaxes enteiras pode alcanzar esa razón?
O valor máximo se alcanza con un cadrado sendo a razón do 50%, e o valor mínimo é do 25%.
ResponderEliminarA razón se pode calcular considerando b sempre o lado máis grande co seguinte resultado: 1/2-1/4(1-(a/b)^2)
E alcánzase o 25%?
EliminarNon chega a alcanzarse nunca.
Eliminar