23.12.17

Nadal 2017- Problema 1


Para compensar a última reflexión sobre educación matemática, velaquí o comezo dunha serie de problemas interesantes para as vacacións.

O primeiro, da Olimpíada Matemática de Colorado:


Un xastre con afección por cortar tecido ten dez pezas de material. Decide cortar algunhas destas pezas en dez pezas cada unha. Despois corta algunhas das pezas resultantes en dez pezas cada unha, continuando deste xeito ata que cansa e para. Procede a contar o número total de pezas de tecido que ten, despois duns minutos determina que o número é 1984.
Amosa que tivo que contar mal as pezas.



Só un comentario: o que máis me presta do enunciado é o uso de "algunhas". Xa veredes.

2 comentarios:

  1. O resultado restándolle 1 ten que ser múltiplo de nove, eesto unicamente ocurre para 1981 ou 1990.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Exacto, Alberto. Dicía o de "algunhas" porque a simple vista sorprende que non importe cantas.

      Eliminar