A sucesión de Fibonacci probablemente sexa a sucesión máis famosa que é chamada sucesión de xeito común. Porque en realidade os números naturais, os pares ou os impares, os números primos, etc., son ben máis coñecidas, pero é raro que se lles adhira o termo sucesión, polo menos en niveis elementais.
Fartos estaredes de ver os primeiros termos,
E aínda máis de recuncar na lei de recorrencia dos termos da sucesión: cada termo é a suma dos dous anteriorezzz...
Por traer algo menos universalmente coñecido, se revisades os termos
veredes que, agás para n=4, os demais termos primos están nunha posición que é tamén un número primo(non tiredes conclusións rápidas,
Que só teñamos que buscar, a partir de
Se a|b, entón
(A demostración déixase como exercicio para o amable lector, e este feito ten nome)
Aproveito para lembrar que hai unha adiviña no blog desde hai 8 anos, De tres en tres, e dar unha pista: a solución que tiña eu en mente cando a escribín está relacionado cos números de Fibonacci tamén.
E por que escribo (por quinta vez) sobre os números de Fibonacci se é tan notorio que non é o meu tema preferido?
Exacto: porque vin onte un novo xogo, como xa intuístes coa imaxe da cabeceira da entrada.
O xogo chámase Knotilus, e consiste en que:
1º) Atopes cinco sucesións tipo Fibonacci de lonxitude 4 entre os 11 números propostos(esta é a parte sinxela, só hai que achar o molde a,b,a+b,a+2b entre os números)
e
2º) Escollas entre as sucesións atopadas as tres que cumpren as condicións "só comparten un número(the knot)", "os demais números nas 3 sucesións só aparecen nunha delas"
Podedes ir directamente a xogar ou podedes analizar a solución do xogo sinxelo de hoxe:
Veña, que non vai ser todo ler a cantidade desorbitada de libros que teredes na cola de lectura.